Tuesday 14 de May de 2024

O Concello de Frades abre o prazo de inscrición nunha excursión a Valladolid e Palencia, que terá lugar do 21 ao 23 de abril


O Concello de Frades abre o prazo de inscrición nunha excursión a Palencia e Valladolid, que terá lugar os días 21, 22 e 23 de abril. Hai 55 prazas dispoñibles e as anotacións deberán realizarse no Concello de Frades (981 695 567) antes do vindeiro 7 de abril.

O prezo mantense nos 160 euros para os veciños e veciñas empadroados en Frades que, no caso de haber máis demanda ca prazas, terán preferencia sobre os non empadroados, que terán que aboar 185 euros. A cota de inscrición inclúe aloxamento en réxime de pensión completa, desprazamento e visitas ás vilas de Palencia e Valladolid.